O xoves, 20 de maio, ás 20:00 varios alumnos e profesores do centro fomos invitados a participar nun acto do Círculo Poético Ourensano consistente na presentación dun proxecto solidario relacionado coa creación de escolas e bibliotecas en Bolivia, proxecto que incluía a presentación dun libro de poesía de varios autores, cuia venta iría destinada a dito proxecto solidario. Ó comezo do acto, celebrado na sede social de Caixa Galicia, na rúa Xoán XXIII de Ourense, puidemos presentar o libro que recolle os relatos e poemas do certame literario Carlos Caneiro que este curso convocou o club de lectura Círculo Vermello. Ó acto asistiron, como xa dixemos varios profesores (Mª José, Silvia, Marta, Gloria, Bea), a directora do centro, o xefe de estudos, profesores de que xa marcharon do centro, e os rapaces gañadores, os cuais leron ante o público, acompañados por un guitarrista, cadanseu relatos e poema. Estes rapaces foron Clara Ortega, que gañou o certame de relatos coa súa obra A pequena bohemia; Raquel Amaranta, cuio relato Andadeira obtivo unha mención espeical; e Kiara Hervella, que gañou o certame de poemas co poema Teño medo.
Atopábanse tamén alí familiares destas rapazas e unha representación do IES Carlos Casares, como colaboradores do proxecto solidario que se estaba a presentar.
Engadir que se adquiriron varios exemplares do libro que forma parte dese proxecto solidario, titulado En el envés de la luna.
Nesta fotografía aparece Kiara Hervella nun momento da lectura do seu poema Teño medo
Nesta foto aparece Clara Ortega nun momento da lectura de A pequena bohemia